A noite na que Ronia, a filla do bandoleiro, veu ó mundo, houbo unha tronada tan forte sobre as montañas que o castelo de Mattis quedou dividido en dúas partes, separadas por un precipicio. A súa vida transcorre nunha delas, coa única compaña do clan que lidera o seu pai. Cando se fai maior, comeza a explorar o mundo fóra do castelo e a marabillarse coa natureza.