Felicidade clandestina contén unha serie de relatos escritos en diferentes épocas da vida da autora e recollidos por primeira vez en 1971.
Tras o banal e cotián atopamos revelacións inesperadas arredor das grandes cuestións existenciais, como a amizade, o amor ou o pensamento. Mediante a técnica do fluxo de conciencia, a autora consegue dotar de gran profundidade psicolóxica personaxes de todas as idades.