Ibrahima é un adolescente nacido nunha aldea de Guinea, sen expectativas de futuro. Cando lle morre o pai, convértese no cabeza de familia e exerce diversas profesións, pero o seu soño é ser condutor de camións. Porén, o seu irmán pequeno Alhassane foxe da casa para perseguir o soño europeo, e Ibrahima ten que arriscar a vida para atopalo antes de que embarque nunha pateira e convencelo de que volva á casa.