Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente.